03/02/25

DÍA DA ILUSTRACIÓN

      Cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración coincidindo coa data de nacemento de Castelao. Nesta edición o recoñecemento recaeu no artista Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950). É a primeira vez dende que se iniciou esta celebración que un autor é homenaxeado en vida.  Dende o Equipo de Dinamización damos difusión  a esta nova da nosa cultura que afonda na necesidade de valorar e preservar a riqueza dos nosos creadores e creadoras. 

Difundimos o vídeo realizado pola Xunta de Galicia onde se fai un percorrido pola obra do artista mindoniense.


 Máis información neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas