No Día das Escritoras secundamos o lema proposto por Bibliotecas Escolares (ESCRIBIDE; COMPAÑEIRAS!) e animamos a todas as mulleres a compartir as súas creacións literarias.
Damos difusión ao legado feminino (que foi tantas veces invisibilizado ao longo da historia) a través dunha exposición nos corredores exteriores da biblioteca. O material desta mostra está centrado na obra de mulleres escritoras de diferentes nacionalidades e foi elaborado polo alumnado do centro coordinado polo equipo de Curtisbliblio.


Ningún comentario:
Publicar un comentario