E Velaquí a xeración do 93. Primeiros alumnos de Mini no CPI Armando Cotarello Valledor.
Vello barbudo, como esquecer os crocodilos e as
pirañas que gardabas naquela fermosa barba canosa.
Aprendéchenos, Mini, que lápices, bolis, tizas, grampadoras, borradores e outros útiles escolares podían voar. Como esquecermos que o coche amarelo surcaba o aire sobre as cabezas protexidas polas nosas mans. E o son dos zocos (marabillososo cubre pés de madeira típicos da xente galega) que nos alertaban da túa cercanía.
A xeografía nos libros pode resultar aburrida, pero en troques o contacto coa NATUREZA é máis divertido. Ensináchesnos desta maneira, o que é un castro (olladas ós nosos antepasados) e o nacemento do río máis longo dos mil da nosa terra, O Miño.
Puntean aínda nos nosos oidos as notas de aquelas cancions cantadas entre sorrisos, caras avermelladas da vergoña, voces desafinadas e sen desafinar e a sensación de que o mundo se estendía ante nós en forma de ledas esperanzas.
Grazas`por facernos creer na lectura e no que cada un escribe. De ti aprendimos, voluntariamente, a querer á nosa Galicia e a valorar a nosa vida como única.
QUEN POIDERA NAMORALA, MEU AMIGO
De moitos bos comentarios son merecentes, no solo estas agarimosas palabras,sino tamen o cariño con que foron lidas por María.Os asistentes a tan proveitosa charla, recibimolas como si fosemos copartícipes delas.
ResponderEliminar