Quizais non pode haber literatura erótica galega, como aínda non hai ciencia ficción galega. Non están desenvolvidos completamente todos os subxéneros", di. Emma Pedreira sabe moito de poesía erótica; a carga de sensualidade e carnalidade na súa poesía foi sempre moi forte, aínda que non se lle apuxese necesariamente esa etiqueta. O seu poemario máis recente, Xoquetes Póstumos, entra en principio nesa categoría, pois de feito gañou o pasado novembro a terceira edición do Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. Porén, para Emma Pedreira, é "o menos erótico" de todos os libros que escribiu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario