Para obra escrita en castelán concedesella a David Trueba, pola súa novela Saber perder, e o poeta Eduardo García, por La nueva vida, en narrativa e poesía, respectivamente
Da novela Saber perder, de Trueba, o xurado destacou a calidade na construción das suas personaxes e como con esta obra o cineasta demostrou que se pode facer “realismo literario”. O presidente do xurado e da Asociación Española de Críticos Literarios afirmou que Trueba recorda coa súa novela a La colmena de Camilo José Cela. “Transcéndea”, afirmou.
Trueba (Madrid, 1969) mostrouse “moi contento” con este galardón porque o dá “a crítica especializada en Literatura, e un case nin os coñece” e, ademais, “porque pode supor que se vence unha reticencia sobre unha persoa que tamén fai películas de cando en vez”.O cineasta e escritor cre que, na vida, un debe “investir no pracer, a cultura e a amizade”, se se quere “atopar algo ao final do camiño”. “O que un necesita na vida é sentirse pleno a calquera idade”, afirmou.
La vida nueva, de Eduardo García, é un poemario “potente, vigoroso” e propio do premio da Crítica Literaria en modalidade de poesía, dixo García-Posada, que definiu esta obra como unha conciliación entre certas modalidades expresivas da poesía da experiencia.Pola súa banda, Eduardo García dixo sobre o galardón: “é unha das cousas fermosas que me puido regalar a vida” e mostrouse emocionado e “en estado de shock absoluto” logo de saberse gañador do premio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario