07/04/09

LUÍS REI NÚÑEZ GAÑA O 'BLANCO AMOR'



O escritor Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) gañou o premio Eduardo Branco Amor de novela, fallado en Burela o pasado sábado. Monte Louro narra a historia dun personaxe dacabalo entre o Muros dos anos 40, en plena posguerra, e a Barcelona que recentemente abríase aos anos da tecnocracia do Opus Dei, xa nos 60.

O xurado que outorgou a Rei Núñez o galardón estaba presidido polo tamén novelista Santiago Jaureguízar e formado pola ganadora da anterior edición do certamen, Inma López Silva, os poetas Emilio Ínsua e Olalla Cociña, e o crítico Armando Requeixo. As obras presentadas baixo os títulos O pasado aínda está por vir e Un último destino foron declaradas finalistas.

Outros premios literarios xa recoñeceron o traballo literario de Luís Rei Núñez en máis ocasións. Se a súa novela Expediente Artieda levouse o Xerais de fai nove tempadas, o pasado ano foi O señor Lugrís e a negra sombra a que se alzou coa distinción da Crítica Galega. Ademais da faceta prosística, o tamén xornalista Luís Rei publicou diversos volumes de poemas, entre outros A rolda invisible (1988) ou Alma mareira (2003).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas