Xaime Domínguez Tojo
21/05/10
A gaivota
Ollaba, a través do ventanal do despacho, o parque. Nun dos sendeiros, unha gaivota peteiraba con furia os restos dunha pomba morta. Esculcaba, co móbil no orella, o peteiro escaravellando no interior da pomba. Cando contestaron á chamada, sorriu. —Hola, ¿cómo estás? —E a resposta que oí provocou nel unha sonora gargallada que rebotou no cristal. —Oye, quería decirte que te has pasado con el regalo. —Enxergou a gaivota erguer a cabeza, vixiar atenta, desconfiada os arredores do parque e deixar caer o peteiro con forza enriba do pescozo da pomba. A cabeza separouse do corpo batendo no chan. —No, no, no —dixo— esta vez te has pasado tres pueblos. —Seguiu atento o camiñar da gaivota a buscar a cabeza decapitada. Ao chegar onda ela arrincoulle os ollos cun movemento preciso, afiado, admirable na execución. El estarreceuse. —¿Y lo de los niños? No tenías por qué hacerlo. Maruchi me comentó que le has tronchado los Reyes. —Volveu rir, desta vez con máis forza. A gaivota abandonou a cabeza decepcionada e regresou camiñando ao barullo do corpo. Semellaba farta do refugallo inerte e aberto da pomba. Non comía. Albiscaba entalada o parque, deserto a esas horas da mañá. —Ja, ja, ja, ni se te ocurra enviarme eso. Te lo digo muy en serio, ni se te ocurra. —A gaivota remexeu nos restos desleixados, arrincou unhas plumas agrisalladas e un anaco de intestino que pendurou un intre so seu pico. Cun movemento seco de gorxa tragouno. —Si, ya sé, ya sé. Tú déjalo de mi mano. —A gaivota virouse, xa non lle interesaba o pouco de pomba que ciscaba a terra do sendeiro. Ollara un grupo de pombas nun tellado, unha delas eivada. Abriu as alas e dando uns chimpos iniciou o voo cara alí. —Non pienso decepcionarte. Eres uno de mis amigos del ama, yo también te quiero. —Afirmou sorrindo antes de cortar a conversación. Arredouse do ventanal e camiñou satisfeito a sentarse na mesa do despacho.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario