festivaldecans.com
Do 19 ao 22 de maio, VII Festival de Cans
Sete son as cores do arco da vella, sete as marabillas da humanidade e sete os pecados capitais. Sete son as notas musicais e os días da semana. Sete vidas ten o gato e sete eran as noivas para os sete irmáns. E agora, sete son tamén as edicións do Festival de Cans.
Do 19 ao 22 de maio de 2010 o máis irreverente dos festivais de cine acada a súa idade cabalística e celébrao con tanta diversión como cabe nunha aldea de 400 habitantes convertida na outra Meca do cine.
Alfa Romeo ou John Deere? Chardonnay ou LK? Christian Lacroix ou Pacita Moda? Spa ou uralita? Louis Vuitton ou Husqvarna? Trufa branca ou raxo? Glamour ou Agroglamour? Nós témolo claro. E ti?
Ningún comentario:
Publicar un comentario