Unha nova expedición, coordinada polo CSIC, será similar á orixinal, pero sen a épica do século XVIII. Fronte á imaxe actual dun mariñeiro da Armada dando conta dun xamón serrano nas adegas do Hespérides, tomada hai unhas semanas durante os preparativos da viaxe, chocan as penurias da tripulación de Malaspina. Poucos días despois de partir de Cádiz, a mariñeiría descubriu unha especie de oruga nunca vista nas reservas de pan. Os oficiais, tras comprobar que non eran tóxicas, deron a orde para comer pan con orugas. Boa parte dos 51 días que tardaron en chegar a América pasaron entre náuseas e arcadas.
Todo empezara o 10 de setembro de 1788, cando Malaspina fixo chegar ao rei Carlos III un puñado de folios cun programa destinado á análise política dos territorios de ultramar para reformar de maneira radical o modelo colonial español, como explica o investigador do Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC, Andrés Galera, responsable de revisar o legado de Malaspina na reedición da súa expedición. Carlos III, o rei narigón que expulsou aos xesuítas, incrustou a ciencia nas universidades españolas e envorcouse na construción de hospitais e hospicios, sempre desde o despotismo, dixo que si. Tres meses despois, morreu.

Ningún comentario:
Publicar un comentario