"O galego só o fala xente cateta de pobo". "O galego era o plebeo e o castelán era o mellor". "Se falabamos galego nas escolas dábannos cunha vara nas mans". Son só algunhas das máis de 15 testemuñas que recolleron o grupo As Candongas do Quirombo -formado por Andrea Núñez, Xandra Santos, Lara Rozados, Laura Fernández e Raquel Rei- para o documental A memoria da lingua. Un filme co que estas cinco mozas amosan "a represión lingüística dende a perspectiva máis vivencial", indica a xornalista Lara Rozados. "Quixemos ver os niveis de implicación afectiva da lingua, é dicir, até que punto a represión lingüística é determinante e actúa na xente", engade.
Vía Galicia Hoxe.com e Canal de Candongas do Quirombo
Ningún comentario:
Publicar un comentario