Un paso máis na recuperación do espazo para os medios en galego na rede. A revista Tempos Novos, que iniciou a súa andaina no ano 1997, comezará proximamente a súa edición dixital.
Información, opinión e debate na rede son as cartas de presentación desta publicación que pretende "abrir o campo" de contidos, incluíndo ademais textos dirixidos a un público máis novo (entre 18 e 35 anos de idade), ampliando así o espectro do público lector do medio en papel. Por iso inclúe unha sección de deportes e prestará especial atención ás novas formas da cultura, manténdose na liña de xornalismo de análise e interpretación que vén caracterizando á revista Tempos Novos.
Toda a información en: http://temposdixital.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario