Estamos a vivir, no noso IES, como en todos os demais, imaxinamos, unha semana chea de actividade: exames, fin do trimestre, en fin, moito traballo para todos os que día a día nos movemos nesta ardua tarefa de ensinar e aprender... A Biblioteca Sarmiento acolle, recreo tras recreo, un bo número de alumnos que atopan neste espazo un lugar axeitado para o seu traballo diario. Unha imaxe fala máis, neste caso, que mil palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario