13/12/11

NÓMADES, DE XOSÉ TOMÁS: NOVAMENTE O PODER DA IMAXE

O pasado venres, 2 de decembro, Xosé Tomás presentou para o público betanceiro a súa novela gráfica, Nómades (Galaxia edic.), inicio dunha prometedora serie. Nela podemos atopar unha serie de historias que teñen como fio conductor a muller e a dureza da emigración: non poder voltar ao país de orixe cando morre algún familiar, as travesías en caiucos, a prostitución como maneira de sobrevivir...

Da  man do xornalista e tamén escritor Xesús Fraga, Xosé Tomás foi debullando aspectos máis que interesantes da súa vida e da xénese e creación de Nómades: o papel do seu mestre de infancia don Xosé, recordos de amizades que estarán sempre aí, a agarimosa e necesaria compañía da música na tarefa de creación, a relación, ineludible, entre o profesor, o ilustrador e o home e pai que se mesturan baixo o Xosé Tomás que a xente coñece...

Sen dúbida, altamente recomendable para os que gusten do poder crítico e suxerente da imaxe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas