07/03/12

As nosas impresións do encontro con Abraham Carreiro

 Onte visitounos Abraham  Carreiro. O ilustrador de Xoeliki comezou debuxándonos os personaxes do libro. Chamounos moito a atención a rapidez e a facilidade que tiña para facelo. A continuación, proxectounos o tráiler  e unha presentación na que se explicaba como fixo as ilustracións. Contounos que para facer o deseño dos personaxes viu moitas fotos moi diferentes: antigas, de piratas, de mafiosos, de rapeiros...Tamén se inspirou nos personaxes que lle gustaban de pequeno. Para debuxar os ambientes, na cidade onde vive (Vigo) e nas escaleiras da súa casa. Unha das cousas que nos pareceu máis interesante foi, sen dúbida, ver como ía bosquexando os personaxes e  os cambios ata chegar á versión definitiva.

 Despois respondeunos ás preguntas que lle fixemos sobre o libro e sobre a súa profesión de ilustrador. Tamén lle preguntamos sobre o seu pai (Pepe Carreiro, autor de Os Bolechas). Finalmente, como se pode ver nas fotografías, asinounos exemplares do libro e dedicounos un debuxo de Xoeliki.

Alumnado de 1º ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas