07/03/12

Concurso "Quen son estas mulleres?


Aretha Franklin
( 1942)

Aretha Franklin é unha cantante de soul, rhythm and blues e gospel. Naceu o 25 de marzo de 1942 en Memphis (Tenessee), filla dun predicador e dunha cantante de gospel. Alcumada como «Lady Soul» ou «Queen of soul» («A Dama do Soul» ou «A Raíña do Soul»), é para algúns unha das artistas mais influentes na música contemporánea, no posto número un dos «100 cantantes mais importantes de todos os tempos» da revista Rolling Stone.  A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que usou en favor dos dereitos raciais en Estados Unidos, sendo un elemento influínte dentro do movemento racial e da liberación feminina.

Nos seus primeiros anos interpreta exclusivamente temas relixiosos. En 1960 decide pasarse á música máis comercial. Marcha a Nova York e firma contrato con Columbia Records. Con eles gravou 10 álbums. Tras finalizar o seu contrato con Columbia fichou por Atlantic Records. Nesta discográfica, obtivo Aretha Franklin os seus primeiros grandes éxitos, volvendo ás súas orixes de rhythm and blues. En 1967 apareceu o álbum "I've never loved a man", o disco que a levou directamente á cima da fama, gañándose o sobrenome da Raíña do Soul. Co sinxelo titulado "Respect" conseguiu dous premios Grammy, ademais de ser unha canción utilizada naquela época polos grupos que loitaban polos dereitos dos negros e en contra do racismo.
Entre finais dos sesenta e principios dos setenta, Aretha Franklin consegue innumerables premios Grammy, froito de éxitos da talla de "Spanish Harlem", "Angel", "Call me" ou "Don't play that song". Tras uns anos grises, en 1980 participa na película "The Blues Brothers", na que, ademais de actuar, tamén cede a canción "Think", incluída na banda sonora. Esta interpretación supuxo o relanzamento de Aretha Franklin, dándoa a coñecer a unha nova xeración de mozas.
Posteriormente a este traballo, e tras fichar por Aresta, produciu dous novos discos, "Aretha" e "Love all the hurt away", cun gran éxito entre o público. A mediados dos oitenta colaborou con artistas como Annie Lennox e George Michael, cos que se levantou ás listas de vendas. En 1987 obtivo un Grammy como mellor cantante soul.
Tras a morte de dúas das súas irmás en 1988, Aretha Franklin decide darse un respiro na súa carreira. En 1998 rexorde con forza para publicar "A rose is still a rose", onde se nos mostra unha Aretha Franklin máis actual, adaptada a novos tempos e a un novo público.
O seu último traballo, publicado en 2003, leva o título de "So damn happy", e é un disco cheo de enerxía. Está considerado por moitos como un dos mellores na carreira musical de Aretha Franklin.

Elvira Santiso García
( 1872 - 1961)

 Nacida en Betanzos, trasládase coa súa familia a Santiago de Compostela, cidade onde transcorre a súa formación académico-artística na Escola da Real Sociedad de Amigos del País. A súa actividade creadora, vinculada á pintura, foi incesante,  simultaneada con clases particulares no seu propio domicilio en Santiago de Compostela e coa actividade docente no mesmo centro no que se formou. Trátase dunha muller independente que viviu como a maioría dos artistas (homes) da época dos encargos ( retratos) e da docencia. Tamén formou parte, como tesoureira, da Xunta Directiva da Sociedade de Amigos del Arte de Santiago.

Dotada de boas aptitudes para o debuxo, obtivo varios premios. Recibiu tamén a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento polo seu labor docente. Nas primeiras décadas do século XX comeza a mostrar a súa obra ao público chegando a ser unha asidua en exposicións de ámbito galego, estatal e mundial . Expón en diferentes certames celebrados en Santiago, A Coruña, Vigo, Madrid, Bos Aires, Montevideo, Ferrol...Na súa obra amosa un sentido da percepción e do espazo moi avanzado. No que toca aos temas,  afástase das típicas escenas de flores e paisaxe. A pesar da súa alta calidade artística, Elvira Santiso non acada na historia da arte o recoñecemento do que é merecedora. A crítica e a intelectualidade artística da súa época, fondamente sexista, reservaba os atributos de fama e a gloria aos varóns deixando invisible a obra das mulleres.
Entre  os seus cadros destacan A ceboleira, A carón do lar, Ó pé do cruceiro, entre moitos outros. Unha colección privada exposta no Hostal dos Reis Católicos a finais da década dos oitenta e, máis tarde, en 1995, a exposición A arte inexistente : as artistas galegas do século XX  déronnos a  oportunidade de coñecer a esta pintora.


Nadia Comaneci
(1961)



Nadia Comăneci é unha ximnasta rumana (actualmente con dobre nacionalidade rumana - estadounidense), gañadora de nove medallas olímpicas das que cinco son de ouro. Foi a primeira en lograr unha puntuación perfecta, 10 en asimétricas, nunha competición olímpica.  É considerada unha das máis grandes ximnastas do século XX e atópase por dereito propio entre as mellores de todos os tempos.

Comezou a competir a nivel nacional en 1970 como membro do equipo da súa cidade natal. Rápidamente foi reclutada polo recoñecidísimo adestrador Bela Karoly e pola súa  dona  Marta , adestradores entón do equipo nacional de Rumania. Aos 13 anos Nadia Comaneci tivo o seu primeiro éxito importante: gañou tres medallas de ouro e unha de prata no Campionato Europeo de Gimnasia en Skien, Noruega. Un ano despois, en 1975, superou con catro vitorias individuais a pentacampeona soviética L. Turishcheva e alzouse coa primeira posición na clasificación xeral individual das competicións preolímpicas de Montreal. Ese mesmo ano, Associated Press elixiuna Atleta do Ano.

Nos Xogos Olímpicos de Montreal (1976) revelouse como un auténtico prodixio da ximnasia: obtivo sete máximas puntuaciones (10) e as medallas de ouro nas disciplinas de paralelas asimétricas e de barra de equilibrio, así como na xeral individual. Tras esta edición dos Xogos Olímpicos, Nadia retirouse da alta competición. A súa última aparición nun torneo foi en 1981.  En 1996 casa co ximnasta americano Bart Conner, con quen ten un fillo. 

Actualmente vive en Estados Unidos, fixo incursións no mundo da TV como comentarista en varios xogos olímpicos.  Continúa mantendo relación  co mundo da ximnasia mentres se ocupa de diversas obras benéficas en todo o mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas