A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) inaugurou o pasado mércores CanleTV, un novo servizo de video online destinado á promoción e difusión da creación audiovisual galega cun obxectivo cultural e divulgativo. A través deste portal, asociado á web da Agadic --www.canletv.agadic.info--, os internautas poden acceder de forma gratuíta a un amplo catálogo de films que poden visionar en streaming.

As obras deste catálogo aparecen clasificadas en torno a seis categorías principais, ficción, animación, documental, experimental, videoclips e adiantos, cada unha delas cos seus correspondentes subapartados e etiquetas, referentes aos xéneros e temáticas nas que se inscriben, de acordo coa información facilitada polos propios autores ou propietarios.
GaliciaHoxe.com 8-3-2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario