O alumnado de 4º de ESO visitou onte a casa de Emilia Pardo Bazán en A Coruña. A directora do Museo, Xulia Santiso, levounos, co seu bo saber facer, á época da escritora: conseguiu que tivésemos a sensación de ter á creadora dos Pazos de Ulloa entre nós, quentándose á beira da cheminea do seu salón, lendo a prensa da época ou escribindo calquera dos seus marabillosos contos no despacho.
Grazas, Xulia, por ese agradable paseo por Marineda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario