- Resistencia, de Rosa Aneiros. Cóntanos unha historia de amor entre Dinis e Felipa que medrou coas ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano. Tan triste como fermosa.
ROCIO SÁNCHEZ ALBITE, 4º C
- Scratch, de Fernando Lalana. Se che gustan as carreiras de coches e a emoción, este é o teu libro. Atoparás tamén moita acción e personaxes metidos no narcotráfico.
TADEO VAAMONDE LESTA, 4º C- A biblioteca da iguana, de Xosé Miranda. Unha boa colección de contos de misterio. O que máis me gustou foi Crisálida, que conta a historia dunha mestra que marcha a unha aldea de Lugo onde os habitantes están a vivir un misterioso cambio.
JONATHAN GESTAL, 4º C
- Arrugas, de Paco Roca. É a historia ben triste dun ancián enfermo de Alzheimer que marcha vivir a unha residencia. Ten forma de historieta gráfica.
SANDRA COEDO, 4º C
Ningún comentario:
Publicar un comentario