20/11/13

Doris Lessing

Doris Lessing, escritora británica gañadora do Premio  Nobel de Literatura no ano 2007,  faleceu o pasado día 17.
Foi unha narradora, poeta, ensaísta e intelectual comprometida coa vida e a literatura .
Ademais do seu legado literario deixounos  en herdanza moitas e moi lúcidas mostras do seu pensamento. Dende a Biblioteca Sarmiento queremos quedar cunha fermosa cita chea de profundidade e significado:
 

 
"A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ningúen  en absoluto nos pode dicir  que ler, cando e como."
 Doris Lessing (1919-2013)
                                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas