23/04/14

DÍA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA


     
       Como todos os anos, o 23 de abril celébramos no IES de Curtis o Día do Libro. Este ano, na nosa biblioteca decidimos expoñer na zona da entrada un baúl cheo de libros prohibidos nalgún momento da historia: O diario de Ana Frank, Persépolis, Mil soles espléndidos, Longa noite de pedra, Cuentos de Poe, El Quijote, Cousas...





  
  A idea é que os lectores abran a tapa e escollan un libro. Tamén se pretende suscitar a reflexión sobre o afortunadas que somos as persoas que  vivimos no século XXI nun réxime democrático dentro do que podemos escoller o que queremos ler... e dicir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas