O
pasado sábado, 3 de xuño,  nun acto
celebrado na illa de San Simón deronse a coñecer os gañadores dos premios
Xerais na edición do 2017. 
A arte de trobar  de Santiago Lopo foi a  elixida  entre as 
42 obras presentadas a concurso para  recibir o Premio Xerais de Novela.  A narración, que está ambientada no século XIII, ten como protagonistas a unha troupe de artistas procedentes de Galicia que percorre os
camiños dunha Europa inmersa en duras loitas de poder.  
María Canosa con Muriel  e Manuel Lourenzo  con Ceiba
de luz recibiron, respectivamente,  o
Merlín  de Literatura infantil e o  Jules Verne de Literatura xuvenil.
Máis información sobre o acto de
entrega e sobre os autores e as súas obras no blog de Xerais.  Parabéns aos galardoados!
 

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario