O 23 de abril celebramos o Día do Libro e os integrantes do Club de Lectura aproveitamos esta xornada para facer unha excursión á cidade da Coruña e visitar a sede da Real Academia Galega e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán.
Xulia Santiso, a directora do museo, recibiunos no salón de plenos da RAG onde nos explicou cando se fundara a institución, cales eran as súas funcións, como se elixían os académicos... Tamén nos falou dalgúns membros da Real Academia moi coñecidos para nós como Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey ou Manuel Rivas. Lembrounos algúns dos seus presidentes como Manuel Murguía, Xesús Alonso Montero ou o actual, Víctor Freixanes. Fixo fincapé na importancia da institución como máxima autoridade en cuestións relativas á nosa lingua. Respondeu ás nosas cuestións e contounos moitas curiosidades.
Na segunda parte da visita accedemos ás dependencias de dona Emilia Pardo Bazán, escritora de obras como La tribuna ou Los pazos de Ulloa. Da man de Xulia Santiso coñecemos moitos datos biográficos da autora e da época na que viviu. Aprendemos que foi unha auténtica adiantada ao seu tempo e fomos conscientes das limitacións que a sociedade da súa época lles impoñía ás mulleres. Para decatármonos dese feito a directora do museo suxeriu que todos os rapaces puxeran un incómodo “corsé” no resto da visita, para que puideran, dese xeito, poñerse na pel das mulleres. Puidemos contemplar o escritorio de dona Emilia e ver antigüidades da época. Rematamos o percorrido lendo entre todos un relato titulado “Las medias rojas” que nos conmoveu pola triste historia que nos contou e que nos serviu para reflexionar sobre a situación de desigualdade e de inxustiza padecida por moitas mulleres. Para rematar, pareceunos moi curioso saber que a denominación do centro comercial Marineda City vén do nome literario que a autora lle dá á cidade da Coruña.
Volvemos a Curtis despois dun pequeno paseo polas rúas da Cidade Vella, no que tivemos como compañeira unha intensa chuvia que non conseguiu abafar un día de intensas aprendizaxes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario