25/11/19

HOXE É 25 DE NOVEMBRO


       Un ano máis desde a biblioteca do noso IES queremos aportar o noso gran de area para que a sociedade sexa máis xusta, máis igualitaria e menos violenta. Para iso cómpre subliñar, para toda a comunidade educativa, que a violencia non é unha ferramenta para comunicarse con ninguén e que o seu uso o único que xenera é desgraza e dor.  Nas aulas, igual que debe suceder nos fogares, na rúa, nas institucións..., non nos imos cansar de insistir na necesidade de denunciar, de condear e de eliminar da nosa realidade a violencia de xénero, unha auténtica lacra nesta sociedade que consideramos tan avanzada.


Resultado de imaxes para: 25 de noviembre 2019"
    Para iso, propoñémosvos unha serie de recursos de utilidade: ó longo da semana podedes facer uso deles e así poñer tamén vós o voso gran de area para seguir creando non só mellores alumnos, senón tamén mellores persoas. 



a) UNIDADES DIDÁCTICAS PROPOSTAS POLO STEG para traballar sobre a violencia de xénero (organizadas por etapas educativas). Para acceder ás unidades didácticas debedes premer no enlace que hai xust enriba do cartel e que pon 25 DE NOVEMBRO DE 2019 en cor malva:  


b) Relatos de Emilia Pardo Bazán: "Las medias rojas" e "El indulto" : son interesantes para reflexionar acerca do que cambiou -ou non-  desde finais do século XIX ata hoxe, no que a violencia de xénero se refire. 



c) Finalmente apuntamos o enlace a un vídeo no que se recolle un reggaetón composto por Miguel Ángel Negrete e que foi grabado, neste ano 2019, polo alumnado e profesorado do IES Maestro Juan de Ávila, en Ciudad Real. A través da música e o baile, sublíñase a necesidade de que a muller sexa libre nas relacións sentimentais e de que rexeite as imposicións da parella.  Trátase dun recurso útil e cercano ao alumnado. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas