Vaise novembro, este mes que arrincou co Samaín, con Defuntos e con Halloween. Sempre andamos a voltas coas temáticas do misterio, do suspense, do terror e do Alén nestas datas e sempre deixan pegada na nosa tarefa co Club de Lectura.
Neste curso quixemos, tamén, organizar unha actividade destinada a mellorar a competencia cinematográfica do noso alumnado: deseñamos unha exposición con 55 fotogramas extraídos do cinema de suspense e terror, con títulos de distintas épocas. Vimos, nestes días, de colocala no corredor exterior da biblioteca. Para invitar ao alumnado á tarefa de investigar ocorréusenos poñer a andar un concurso no que cómpre buscar o título das películas nas que se inclúen 12 deses fotogramas. Botará a andar o vindeiro mércores, 27 de novembro e rematará coa semana. Velaquí as bases... e a tremer!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario