Temos que
lamentar o recente pasamento do escritor
chileno Luís Sepúlveda. O autor, afincado en Asturias dende fai anos, faleceu vítima
do coronavirus.
A súa
interesantísima biografía está condicionada polo seu carácter viaxeiro e
itinerante unido ao seu forte compromiso político contra os réximes ditatoriais,
feito que provocou que estivese na cadea durante máis de dous anos. Profesionalmente,
ademais de escritor, foi xornalista e cineasta.

Sen dúbida será lembrado grazas á inesquecible
e edificante historia que nos deixou como legado de vida e experiencia e pola
que non parecen pasar os anos, como adoita acontecer coas obras mestras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario