06/06/20

BELEZA VERMELLA

        Unha das actividades previstas para o terceiro trimestre en Curtisbiblio era un encontro literario coa autora Arantza Portabales sobre a súa obra Deixe a súa mensaxe despois do sinal.   
      Mentres agardamos unha nova data para manter esa charla coa escritora, seguimos lendo e traballando coas lecturas. Compartimos publicamente un booktráiler realizado por Nadia Fernández Blanco  (1º Bach. B) sobre a última obra publicada pola autora: Beleza vermella. Non deixedes de lela, non vos defraudará!


1 comentario:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas