30/10/20

CEN ANOS DA REVISTA NÓS

Hoxe cúmprense cen anos da publicación da revista Nós. A importancia desta data vén determinada polo inmenso labor que escritores como Castelao, Losada Diéguez, Cabanillas, Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas desenvolveron a través das súas páxinas. Este boletín mensual supuxo na práctica a modernización da cultura galega e a súa reivindicación como unha célula máis na universalidade.


A publicación iniciada o 30 de outubro de 1920 mantívose ata o ano 1936, cando o estoupido da Guerra Civil truncou os seus devezos de cultura e galeguidade. O número 144 non chegou a ser distribuído. O seu relativamente efémero paso non foi proporcional á súa transcendencia e podemos dicir que unha parte esencial da nosa historia está escrita nas súas páxinas.  

Moitas son as actividades e  publicacións que conmemoran esta importante efeméride das nosas letras. Destacamos a exposición que acolle a Cidade da Cultura onde podemos mergullarnos nestes anos esenciais para entender o noso pasado e o noso presente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas