23/10/20

DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 DE OUTUBRO): BUSCANDO DISTOPÍAS

 

      Mañá, 24 de outubro, conmemórase o Día das Bibliotecas. Nós queremos, desde a nosa, reivindicar o valor deste espazo, non só como lugar de traballo, de investigación e de lectura, senón tamén de creación. É por iso que o luns arrinca un concurso de relatos destinado a crear distopías. Pareceunos que o momento da realidade que nos está a tocar vivir tennos tan sorprendidos que mesmo semella que nos estamos a convertir en personaxes deste tipo de relatos. É por iso que, conectando, como é tan frecuente, realidade e ficción, démoslle vida a este proxecto, que arrinca o luns para toda a etapa de ESO e para 1º de BACHARELATO.  ¡Aquí deixamos as bases e animámosvos a participar! Por suposto, non van faltar os premios aos máis orixinais. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas