Hoxe conmemoramos no noso IES o Día das Escritoras, iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias e coa Asociación Clásicas y Modernas. Con ela, búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Este ano 2020 esta conmemoración guíase polo lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
Moitos son os nomes que veñen á nosa memoria cando pensamos no labor da muller no campo da literatura, non só na actualidade senón tamén en tempos máis alonxados, onde a tarefa de escribir -e de ler- era cousa de homes. Cando alguén de sexo feminino pisaba ese terreo, as dificultades para avanzar eran infinitas... pero non insuperables, como nos acabou demostrando a historia. Aquí vos deixamos información sobre tres escritoras que, manexando linguas diferentes, tiveron o mérito de mostrar o seu talento a unha sociedade que pensaba que iso era un ben exclusivo dos homes.
George Eliot (1819-1880) was the pen name used by the English novelist, poet, journalist , translator and one of the leading writers of the Victorian era, Mary Ann Evans.
She used a male pseudonym to escape the stereotype of women´s writing from that period, being limited to lighthearted romance as well as a protection of privacy from public scrutiny.
Most of her novels are known for their realism and psychological inside being Middlemarchdescribed by some critics as one of the greatest novels written in English language.
Cando Rosalía de Castro comeza a escribir, máis do 90% das mulleres galegas eran analfabetas. Ela sente que a situación de desigualdade ten que ser denunciada e que é preciso un cambio na sociedade. Rosalía, como persoa culta e concienciada que é, decátase de que no ámbito da creación literaria están presentes moitos e variados prexuízos e estereotipos asociados ás mulleres que pretenden dedicarse á escritura
En 1865, tres anos de que vise a luz Cantares gallegos, a autora publica un ensaio en forma de carta onde reflexiona de xeito crítico sobre a problemática da muller escritora. O texto, que leva por título “Las literatas. Carta a Eduarda", recolle os consellos que unha tal Nicanora lle ofrece á súa amiga Eduarda recomendándolle que abandone o seu afán de escribir pola baixa consideración social que implica. A marxinación das mulleres literatas vén da idea de que unha muller ten que servir para contentar o home. A muller intelectual non pode satisfacer esta demanda porque ao dedicarse á escritura descoida as súas obrigacións domésticas, que son a súa principal responsabilidade. Tamén se aborda a problemática da muller lectora que non ten libre acceso á cultura ou ás bibliotecas. O ton irónico sérvelle a Rosalía para denunciar a incomprensión da sociedade a desigualdade de oportunidades que teñen que sufrir as mulleres. Texto completo neste enlace.
A autora, afortunadamente non seguiu os consellos que puxo en boca do personaxe do seu artigo e fixo súa a voz de moitas mulleres galegas a través das súas obras. Así o fixo en Follas novas (1880), onde podemos atopar poemas como “A xustiza pola man“ou “Tecín soia a mina tea” que responden á súa intención recollida no prólogo:
O que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres.
Emilia
Pardo Bazán fue una mujer adelantada para su tiempo, con sobrados
méritos para ocupar un relevante espacio en el panorama cultural
decimonónico: novelista, poeta, ensayista, gastrónoma, periodista,
biógrafa, crítica literaria, conferenciante, cronista, esposa
rebelde, madre y luchadora infatigable por la igualdad social y
cultural de la mujer en la sociedad en la que le tocó vivir, llena
de prejuicios.
Su esmerada educación la colocó en el centro de la actividad cultural de su tiempo, pero también le supuso más de un problema.
http://www.cervantesvirtual.com/portales/pardo_bazan/231691_audio_el_indulto/
Ningún comentario:
Publicar un comentario