22/11/21

ADEUS A DARÍO XOHÁN CABANA


Temos que lamentar o pasamento do escritor Darío Xohán Cabana. Dende Curtisbiblio queremos render a nosa pequena homenaxe a través da súa obra. Velaquí un fermoso e emotivo poema escrito no falecemento do seu pai onde reflexiona sobre a fraxilidade do ser humano, a perdurabilidade da memoria e a necesaria valoración do legado dos nosos proxenitores.



  Pervivencia no tempo

Se cando a morte pálida me apañe
deixo no mundo un pouco de memoria,
eu quero que o teu nome me acompañe,
se che pode servir dalgunha gloria;

e se labro estes versos co teu lembro
contra da cinza, a corrupción e o lodo,
é que eu non quero crer que aquel setembro
acabase pra sempre xa con todo.

Ben sei, ben sei, canté que non soubese,
que a vida acaba cando o sangue calla,
pero quizá a memoria nos puidese librar,
se non da morte, da mortalla;
e se asi for, e após da morte eu brillo,
saiban que eu fun quen son por ser teu filio.

Darío X. Cabana, Canta de cerca a morte


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas