17/11/21

OUTROS CAMIÑOS E RUBÉN RIÓS: ABRÍNDONOS OS OLLOS

 

    O Departamento de Orientación en colaboración co Equipo de biblioteca, rematou hoxe unha actividade co alumnado de 2º de ESO destinada a promover a inclusividade coma un valor fundamental para a convivencia. Trátase do visionado do vídeo Outros camiños, en Afundación TV  e dun coloquio posterior co director e actor  Rubén Riós, implicado no proxecto.

 
    Se tivésemos que calificar a experiencia con adxectivos, usariamos as palabras MARABILLOSA, ALENTADORA, ESPERANZADORA E SENSIBLE. Resulta admirable con que realismo e sinceridade nos fai chegar Rubén a súa mensaxe de tolerancia, diálogo, empatía e entendemento cara ás diferenzas. Só vos diremos que é unha actividade que paga a pena facer: ábrenos os ollos cara a verdadeira realidade e fainos valorar o que somos e o que temos a través do inmeso valor persoal dos protagonistas do vídeo, todos eles con discapacidade.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas