17/05/22

Día das Letras Galegas

 Este ano 2022 a festa das nosas letras está dedicada ao autor Florencio Delgado  Gurriarán. A súa historia fálanos da guerra e do exilio, do galeguismo comprometido e dun amor infinito pola súa terra. O autor foi unha ponte entre os galegos que viviron o exilio exterior e os que quedaron aquí sufrindo a represión franquista. A  súa actividade literaria e cultural é unha proba desa conexión sen a que non se pode entender a nosa historia recente.

O 17 de maio é,  indubidablemente, un día de exaltación da nosa lingua a través da literatura, unha data para recoñecer a importancia deses homes e mulleres que, nunhas condicións adversas, loitaron polo que crían e mantiveron firmes as súas conviccións; unha xornada na que todas e todos debemos lembrar que, como dixo Castelao, " Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma"



 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas