O 17 de maio de 1963 a Real Academia Galega instituíu a celebración do Día
das Letras Galegas recollendo deste xeito a petición de tres dos seus membros:
Xesús Ferro Couselo, Manuel Gómez Román e Francisco Fernández del Riego. Este último
é, 60 anos despois, a figura homenaxeada no día grande da nosa
cultura.
Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi escritor e editor, fundador
de Galaxia, presidente da Real Academia e, como xa indicamos, impulsor da celebración do Día das Letras. De
entre todos os materias que circulan pola rede estes días escollemos este pequeno
documento audiovisual onde o propio autor nos fala da súa vida e da inmensa
actividade cultural desenvolvida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario