O 8 de abril fixo 50 anos da marcha dun dos artistas máis singulares da arte contemporánea, Pablo Ruiz Picasso. Desde o noso IES, estamos a traballar nas aulas de Educación Plástica e de Lingua Castelá para dar a coñecer a figura e o legado artístico de tan prolífico creador. Deixou, para o noso deleite, arredor de 13.500 pinturas e deseños, 100.000 impresións ou grabados, preto de 34.000 ilustracións para libros e 300 esculturas e cerámicas.
Este tramo final do curso 2022-23 toca afondar na inmensidade do seu talento. Para iso, están a impulsarse dúas actividades interdisciplinares, destinadas ao alumnado de 3º de ESO:
a) Proxección ao alumnado dun vídeo arredor da produción e da evolución picassiana. Pode accederse a el a través do seguinte enlace:
b) Traballo de educación documental e de creación de textos expositivos en castelán sobre cadros do pintor. Velaquí as pautas da tarefa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario