19/09/23

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO CON NOVIDADES!

 

     Aínda que os obreiros están a traballar en boa parte da reforma do noso IES, esta semana puidemos abrir as portas da nosa biblioteca, despois do esforzo, non pequeno, de recolocar o espazo. As ganas de arrincar eran grandes: parte das mesas son novas e na disposición de andeis e de zonas tamén fixemos cambios. Esperamos que, un curso máis, a biblioteca sexa un lugar agradable e que responda ás vosas necesidades e afeccións. Agardámosvos aquí!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas