Sabiades que en Europa hai máis de 225 linguas? Ou que no territorio da Unión se falan máis de cen linguas procedentes doutros continentes do mundo usadas a diario por persoas inmigrantes?
Dende o ano 2001 celébrase en Europa o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística e promover a aprendizaxe de idiomas.
Un curso máis a nosa biblioteca recolle a iniciativa e traballa para que a diversidade cultural sexa valorada todos os días do ano como un ben que debemos preservar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario