26/01/24

AUSCHWITZ: UN ANO MÁIS RECORDANDO ERROS PARA NON REPETILOS

    

Cando xaneiro vai tocando fin,  lembramos o aniversario da liberación de Auschwitz. 

Tratábase dun complexo formado por diversos campos de concentración, de experimentación médica e de exterminio en masa de prisioneiros, construído polo réxime da Alemaña nazi tras a invasión de Polonia (1939), ao principio da Segunda Guerra Mundial (1939-1945). A UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade a Auschwitz en 1979, por ser un dos lugares de maior simbolismo do Holocausto. 

 

  

Non temos dúbida acerca de que a literatura é unha boa ferramenta para ter presente que os grandes erros da humanidade hai que coñecelos - e non esquecelos -  para non repetilos. E así llelo mostramos aos usuarios da biblioteca e ao alumnado en xeral. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas