Edgar Allan Poe (Boston, Estados Unidos, 19 de xaneiro de 1809-Baltimore, Estados Unidos, 7 de outubro de 1849) foi un escritor, poeta, crítico e xornalista romántico estadounidense, xeralmente recoñecido como un dos mestres universais do relato curto, do cal foi un dos primeiros practicantes no seu país. Foi renovador da novela gótica, lembrado especialmente polos seus contos de terror. Considerado o inventor do relato detectivesco, contribuíu asímesmo con varias obras ao xénero emerxente da ciencia ficción. Por outra banda, foi o primeiro escritor estadounidense de renome que tentou facer da escritura o seu modus vivendi, o que tivo para el lamentables consecuencias...
Hoxe, 19 de febreiro, aniversario do seu nacemento, temos na biblioteca un pequeno recordo para el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario