16/12/20

DISTOPÍAS GAÑADORAS (CONCURSO ALUMNADO DE ESO) I

 RELATO GAÑADOR NA CATEGORÍA DE 1º/2º DE ESO

Invasión marciana 

    A vida transcorría tranquila nunha pequena vila do interior de Galicia. Había moi poucos habitantes, xa que a maioría das familias marcharon vivir á cidade en busca de traballo e novas oportunidades. Os habitantes da vila empezaron a avistar lucer e a escoitar ruídos estraños. Isto sucedía polas noites e comezaron a preocuparse cando xa ían varios días que sucedía o mesmo.

    Os veciños convocaron unha reunión na que decidiron quedar sen durmir para facer garda a ver se averiguaban que eran aquelas cousas estrañas. Xamais pensaron que a súa vida cambiaría para sempre desde aquel momento.

    Xa aquela mesma noite, avistaron as luces que se achegaban á vila acompañadas dun forte ruído, eran luces que xiraban en círculo e que se acabaron pousando nunha braña. Cando se acercaron, percatáronse que aquilo era unha nave espacial. Dela baixaron dous individuos verdes con forma humana, aínda que tiñan a cabeza máis grande do normal e unha altura superior a dous metros.

    Aqueles seres, aínda que parecían que viñan en son de paz, empezaron a apoderarse das cousas dos veciños, das súas casas, dos seus traballos... Ían acabando con todo. Os veciños pouco podían facer con esta situación. Á noite seguinte chegou outra nave, esta vez con vinte daqueles seres que seguiron collendo todo o que atopaban e botando os veciños das súas casas, sacándolles todo o que tiñan.

    Por máis que pensaron que facer, non podían deter aquela invasión. Cada noite chegaban máis e máis seres, que parecían vir de Marte, ata que os veciños desistiron e fóronse dunha vila para outra. Pero non había ningún lugar para poñerse a salvo, porque esas naves chegaban a todas cidades, aldeas e vilas, tal como se contaba nos xornais e se escoitaba pola televisión.

    Eses seres impuxeron as súas normas facendo dos humanos os seus escravos e foron conquistando todos os territorios do mundo. Pouco puido facer a humanidade porque os seres seguían chegando ata que foron miles e millóns e superaron o número de humanos. Aínda que houbo guerras e revoltas gañaban sempre os marcianos xa que tiñan un exército moi grande e moitas naves e armas. Ademais a súa intelixencia era superior á nosa.

    Á humanidade non lle quedou máis remedio que vivir sometida despois da gran invasión marciana.


                                                                                                    Nicolás Martínez Vázquez, 1º ESO



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas